jueves, 29 de abril de 2010

Día do libro























Este ano para o día do libro, o noso colexio organizou unha actividade moi chula, que consistía en elexir un libro para lerllelo aos pequenos de 3, 4 e 5 anos, 1º e 2º no recreo do venres 23. Así cada neno e nena de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria fixemos de contacontos por un día. Pasámolo moi ben.

Esperamos que nos digades o que fixestedes vos.


¡¡¡ADEUS!!!

Nenos e nenas de 5º curso.

Nin quito nin poño
















Os nenos e as nenas de 5º estamos escribindo cousas no xornal que cada ano publicamosn que se chama "Nin Quito Nin Poño". Nós estamos a contar as cousas das excursións que fixemos nos trimestres que levamos de curso. Tamén escribimos sobre as visitas que tivemos no colexio por exemplo:Abraham Carreiro ou Gonzalo Moure que nos regalou un libro titulado "Cama e conto".

O noso invernadoiro






















Ola somos os nenos/-as de 5º. Nós tamén temos un invernadoiro onde plantamos: patacas, repolos, cebolas, coliflores, fresas...

Nas fotos que vos mandamos falta o noso compañeiro Simón que non puido vir.

Esperamos que vos guste o noso invernadoiro.

viernes, 23 de abril de 2010

SAÚDOS DENDE GALDO


Nós somos os nen@s de segundo, aquí vos mandamos unha foto que fixemos fai uns días nun xardín que temos no cole con tulipáns,narcisos e xacintos, agora está cheo de flores.Tamén temos un invernadoiro con allos leitugas e fresas.Máis adiante xa vos contaremos máis cousas.Unha aperta dos nen@s de 2º.

Traballamos con refráns


Hoxe, os nenos e as nenas de 1º Curso traballamos en Galdo cos refráns.Un:Moita flor na primaverabon outono nos espera.Outro:Ata o corenta de maionon quites o saio.E outro máis:En maio ainda a vella queima o tallo.Outro día traeremos máis refráns.Nenas e nenos de 1º do CEIP Santa Rita de GAlDO

Saúdos,somos os nenos e nenas de 1º desde Galdo

Ola, somos os nenos e nenas de 1º Curso do Colexio de Galdo.Mañá seguiremos contándovos máis cousas.

jueves, 8 de abril de 2010

Aquí estamos os de 4º



Ola! Somos os nen@s de 4º de Primaria do cole de Galdo.
Gústanos a idea de compartir cousas con vós e queremos empezar xa. Aquí estamos todo o grupo. Saúdos!!!