viernes, 28 de mayo de 2010

Plantamos...


Ola, somos os nenos e nenas de terceiro curso do colexio de Cervo. Nos chamamos Mar, Nina, Elías, Paula, Dael, Alexis, David e Denís, que hoxe non está porque está enfermo.
Hoxe na clase de coñecemento do medio aprendimos o que era a agricultura ecolóxica e plantamos fabas ecolóxicas na nosa clase.
Se as queredes plantar vós só tedes que facer o seguinte:

-Coller un vaso de iogur baleiro
-Meterlle algodón do de curar as feridas
-Meter no vaso tres fabas ecolóxicas
- Regar e deixar o vaso cerca da luz do sol, nunha ventá por exemplo

Esperemos que medren moito!!!

domingo, 2 de mayo de 2010

O QUE FACEMOS


Ola, somos os nen@s de 3º de Primaria do cole de Galdo.
Hoxe tivemos clase de Galego e foi moi divertida porque inventamos chistes. Algúns exemplos: Era un home tan lento, tan lento, tan lento, que cando chegou á casa do veciño, xa non estaba. Outro: Era un home tan lento,tan lento, tan lento, que durante unha carreira saíulle barba. Era unha vez unha árbore tan baixiña, tan baixiña, tan baixiña, que cando pasaba alguén lle pisaba as raíces.
Seguiremos contándovos…
Vémonos!

DÍA DO LIBRO


Nós tamén aproveitamos o Día do Libro para facer algunhas cousiñas: recomendarnos libros que nos gustaron,... e marcapáxinas que decoramos con debuxos sobre eses libros.

Aquí tedes algúns exemplos

jueves, 29 de abril de 2010

Día do libro























Este ano para o día do libro, o noso colexio organizou unha actividade moi chula, que consistía en elexir un libro para lerllelo aos pequenos de 3, 4 e 5 anos, 1º e 2º no recreo do venres 23. Así cada neno e nena de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria fixemos de contacontos por un día. Pasámolo moi ben.

Esperamos que nos digades o que fixestedes vos.


¡¡¡ADEUS!!!

Nenos e nenas de 5º curso.

Nin quito nin poño
















Os nenos e as nenas de 5º estamos escribindo cousas no xornal que cada ano publicamosn que se chama "Nin Quito Nin Poño". Nós estamos a contar as cousas das excursións que fixemos nos trimestres que levamos de curso. Tamén escribimos sobre as visitas que tivemos no colexio por exemplo:Abraham Carreiro ou Gonzalo Moure que nos regalou un libro titulado "Cama e conto".

O noso invernadoiro






















Ola somos os nenos/-as de 5º. Nós tamén temos un invernadoiro onde plantamos: patacas, repolos, cebolas, coliflores, fresas...

Nas fotos que vos mandamos falta o noso compañeiro Simón que non puido vir.

Esperamos que vos guste o noso invernadoiro.

viernes, 23 de abril de 2010

SAÚDOS DENDE GALDO


Nós somos os nen@s de segundo, aquí vos mandamos unha foto que fixemos fai uns días nun xardín que temos no cole con tulipáns,narcisos e xacintos, agora está cheo de flores.Tamén temos un invernadoiro con allos leitugas e fresas.Máis adiante xa vos contaremos máis cousas.Unha aperta dos nen@s de 2º.