domingo, 2 de mayo de 2010

O QUE FACEMOS


Ola, somos os nen@s de 3º de Primaria do cole de Galdo.
Hoxe tivemos clase de Galego e foi moi divertida porque inventamos chistes. Algúns exemplos: Era un home tan lento, tan lento, tan lento, que cando chegou á casa do veciño, xa non estaba. Outro: Era un home tan lento,tan lento, tan lento, que durante unha carreira saíulle barba. Era unha vez unha árbore tan baixiña, tan baixiña, tan baixiña, que cando pasaba alguén lle pisaba as raíces.
Seguiremos contándovos…
Vémonos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario