jueves, 29 de abril de 2010

Día do libro























Este ano para o día do libro, o noso colexio organizou unha actividade moi chula, que consistía en elexir un libro para lerllelo aos pequenos de 3, 4 e 5 anos, 1º e 2º no recreo do venres 23. Así cada neno e nena de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria fixemos de contacontos por un día. Pasámolo moi ben.

Esperamos que nos digades o que fixestedes vos.


¡¡¡ADEUS!!!

Nenos e nenas de 5º curso.

Nin quito nin poño
















Os nenos e as nenas de 5º estamos escribindo cousas no xornal que cada ano publicamosn que se chama "Nin Quito Nin Poño". Nós estamos a contar as cousas das excursións que fixemos nos trimestres que levamos de curso. Tamén escribimos sobre as visitas que tivemos no colexio por exemplo:Abraham Carreiro ou Gonzalo Moure que nos regalou un libro titulado "Cama e conto".

O noso invernadoiro






















Ola somos os nenos/-as de 5º. Nós tamén temos un invernadoiro onde plantamos: patacas, repolos, cebolas, coliflores, fresas...

Nas fotos que vos mandamos falta o noso compañeiro Simón que non puido vir.

Esperamos que vos guste o noso invernadoiro.

viernes, 23 de abril de 2010

SAÚDOS DENDE GALDO


Nós somos os nen@s de segundo, aquí vos mandamos unha foto que fixemos fai uns días nun xardín que temos no cole con tulipáns,narcisos e xacintos, agora está cheo de flores.Tamén temos un invernadoiro con allos leitugas e fresas.Máis adiante xa vos contaremos máis cousas.Unha aperta dos nen@s de 2º.

Traballamos con refráns


Hoxe, os nenos e as nenas de 1º Curso traballamos en Galdo cos refráns.Un:Moita flor na primaverabon outono nos espera.Outro:Ata o corenta de maionon quites o saio.E outro máis:En maio ainda a vella queima o tallo.Outro día traeremos máis refráns.Nenas e nenos de 1º do CEIP Santa Rita de GAlDO

Saúdos,somos os nenos e nenas de 1º desde Galdo

Ola, somos os nenos e nenas de 1º Curso do Colexio de Galdo.Mañá seguiremos contándovos máis cousas.

jueves, 8 de abril de 2010

Aquí estamos os de 4º



Ola! Somos os nen@s de 4º de Primaria do cole de Galdo.
Gústanos a idea de compartir cousas con vós e queremos empezar xa. Aquí estamos todo o grupo. Saúdos!!!

Saúdos dende Galdo


Ola compas!!!
Estivemos un pouco lentos nesto do intercambio, pero prometemos poñernos ao día con vós.
Esta é a porta principal do noso cole.

Saúdos dende Cervo!!! (II)

Ola nenos/as do cole de Galdo, somos nen@s do colexio de Cervo, facemos este traballo na clase de tic onde traballamos con tablets pc, que son ordenadores portátiles con pantalla táctil. Estamos moi contentos de que os dous coles colaboremos xunt@s para crear este blog e poder coñecernos mellor, esperamos que o blog nos quede moi chulo.
Saúdos: Xoán, Rafa, Carmela, Pablo e Iria B.

Saúdos dende Cervo!!!

Ola, somos Laura, Iria C., Cristina, Iván, Martín e Alba do colexio de Cervo. Somos de 5º curso e estamos escribindo isto para o blog na clase de TIC co noso profesor Manuel. Queremos coñecervos mellor, por eso nos gustaría saber os vosos nomes. Esperamos que isto axude a que nos coñezades mellor. Saúdos!!

Benvid@s!!

Ola a tod@s. Este blog no que te atopas é unha iniciativa dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de dous centros veciños, o CEIP Santa Rita de Galdo, en Viveiro, e o CEIP de Cervo, no concello de mesmo nome.Esperamos que este vehículo nos sirva como desculpa para intercambiar experiencias, colgar os traballos feitos polo alumnado dos dous centros en prol da nosa lingua e facer así a distancia que nos separa todavía máis curta.Esperamos que tod@s os que ledes esta primeira entrada vaiades pouco a pouco participando cos vosos comentarios e suxerencias. Moitas grazas a tod@s e ate pronto!!